top of page

O Museo
do Emigrante

mar beige_edited.jpg

A historia pode dicirnos o que aconteceu; pero a experiencia permítenos sentir o que significa.

 

A nivel europeo, apenas hai unha ducia de museos dedicados especificamente á emigración e á migración. Aínda menos abordan a emigración desde a perspectiva da partida, e case ningún explora a experiencia emocional e xeracional do sentido de pertenza. Para un fenómeno que define culturas enteiras — pero especialmente a cultura galega — esta falta é sorprendente.

 

O museo que imaxino é inmersivo e emotivo. Os visitantes non se limitan a observar; participan. Contribúen e levan algo del. É un museo que honra o pasado de Galicia á vez que dá voz a unha historia máis completa e humana da emigración, unha historia non só de partida, senón tamén de memoria, identidade e retorno. Serve para mostrar como unha pequena rexión se conectou globalmente e para contar as historias daqueles que viviron unha Galicia á vez real e imaxinaria.

​

Para min, este museo é inevitable. Non me achego a él como deseñador, senón como fillo. Desde pequeno, sempre sentín que vivía entre dous mundos. Durante a maior parte do ano, era americano. No verán, volvía a Galicia e unha vida paralela que sempre me agardaba. Non eran vacacións; eran experiencias formativas. Vivía, ou mellor dito, aínda vivo, a vida só unhas semanas ao ano. Ese ir e vir reforzaba un ritmo emocional de anticipación e ruptura.

 

Co tempo, cheguei a coñecer que a emigración non remata cando alguén marcha. Continúa en silencio a través da seguinte xeración. É a herdanza dun lugar do que nunca partiches, pero que sentes aun así formado pola súa ausencia.

 

Esta historia non é exclusiva miña, pero é unha que aínda non se contou completamente. É un tema no que, nunha carreira basada na colaboración coas mentes máis brillantes de todos os campos imaxinables, me sinto por primeira vez un verdadeiro experto.

 Jorge Martínez Alonso

Deseñador e museógrafo, fillo de inmigrantes de Ourense nacido nos Estados Unidos, así como irmán, marido e pai.

PLAZA.jpeg

Esta oportunidade atópase na intersección da miña vida persoal e profesional. Afortunado de estar satisfeito coa carreira, este sería o proxecto que máis semella un destino, o peche dun círculo completo. Sería un museo basado na partida, pero para min representaría un retorno.

 

... Un retorno coa experiencia forxada ao longo da carreira profesional.

​

... Un retorno coa perspectiva de alguén formado por dous mundos.

​

... Un retorno cun profundo respecto pola cultura que me define.

bottom of page